pechar x
Eventos

Eventos

Eventos

Eventos

Exposición "Pictografías", de Eduardo Hermida


Apaixonado da fotografía pictorialista (na que o contido importa menos que o seu atractivo estético) e da pintura matérica (na que o artista e observador prestan sobre todo atención ao material e non ao seu significado ou mensaxe), Eduardo Hermida camiña nesta exposición nun permanente diálogo entre a fotografía e a pintura, sen esquecer as súas influenzas do pop art, a súa predilección polas cores intensas e polas texturas ou a súa querencia por todo aquilo que o rodea: pola arte en si mesma, polo barrio, as súas xentes, os amigos, a súa moto ou polas as súas frecuentes viaxes a Madrid ou Bilbao, con parada obrigada nos seus grandes museos: o Prado, o Raíña Sofía ou o Guggenheim.

Tamén as mulleres, cerne da pasada xornada do 8 de marzo, están moi presente na exposición de Eduardo Hermida. Mulleres representadas (e homenaxeadas) nas súas múltiples facetas: como nais, amigas, compañeiras e, sobre todo, cómplices ideais.

  • Desde o :

    08-03-2019
  • Ata o :

    29-04-2019
Mariscos Barallobre
Concello de Fene
Grupo de Acción Local do secot Pesqueiro Golfo Ártabro Norte
Consellería do Mar. Xunta de Galicia
Fondo Europeo Marítima e da Pesca
Fene Vivo
Un proxecto do Concello de Fene e da Confraría de Barallobre.

Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)

981 492 707

rede@fenevivo.gal