pechar x
Eventos

Eventos

Eventos

Eventos

Exposición "Poñendo luz á noite", de Ana Basoa Rioboo


A pintora fenesa Ana Basoa Rioboo amosa na Casa da Cultura de Fene unha selección de retratos, bodegóns, flores e froitas, realizados en carboncillo. A mostra poderá visitarse até o 30 de xaneiro en horario de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 h. Para o día 29, ás 20 horas, anúnciase ademais o acto de clausura da mostra no que actuará o irmán da artista, Humberto Basoa –guitarra e voz-.

"Poñendo luz á noite", de Ana Basoa Rioboo, consta dunhas 30 obras en formato A1, A2 e A3. Apaixoada do realismo, a pintora fenesa afirma que co que máis desfruta é co retrato: "Cada retrato é coma un reto porque tes que conseguir definir a unha persoa a través da súa ollada. Cando fas un rostro non estás xogando só cos volumes. Coa ollada tes que transmitir todo o que é esa persoa. Neste senso, para min, a maior satisfacción que teño cando presento un novo cadro é que me digan que a persoa retratada fala coa mirada”.

Sobre a artista

Pintora fenesa. Dende nena sentiu paixón polo mundo da arte ata o punto de que, dende unha idade temperá, as súas actividades extraescolares consistían en acudir a galerías de arte a aprender dos artistas máis prestixiosos da zona de Ferrol coma, por exemplo, Antonio Fernández.

Dirixiu a súa vocación e os seus estudos cara este campo e realizou o grao de artes plásticas na Escola Superior de Arte, en Santiago de Compostela, con dobre titulación en Arquitectura de Interiores e Arte Publicitario. É técnico superior en deseño asistido por ordenador.

Participou en diversas exposicións tanto a nivel local (Fene, Ferrol, Pontedeume, Neda...) coma provincial. Ademais realiza retratos por encargo. Adoita pintar pola noite porque é “cando máis me inspiro e porque para pintar preciso toda a tranquilidade e tempo do mundo. Encántame chegar á casa, desconectar do mundo...e aí é cando comezo a crear”.

  • Desde o :

    14-01-2020
  • Ata o :

    30-01-2020
Mariscos Barallobre
Concello de Fene
Grupo de Acción Local do secot Pesqueiro Golfo Ártabro Norte
Consellería do Mar. Xunta de Galicia
Fondo Europeo Marítima e da Pesca
Fene Vivo
Un proxecto do Concello de Fene e da Confraría de Barallobre.

Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)

981 492 707

rede@fenevivo.gal