pechar x
Eventos

Eventos

Eventos

Eventos

As Queridas Donas


A sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle desde esta mesma semana o proxecto pictórico "Queridas Donas", da artista local Isabel Seco Espada. A colección, composta por pezas realistas e abstractas, reivindica a muller a través da figuración do sentimento e das situacións. Afouteza, valentía, resiliencia, paixón, ilusión, namoramento e liberdade, entre outras facetas, que se xuntan compoñendo unha mensaxe de plenitude feminina e feminista. A exposición pode visitarse en horario de 10.30 a 13.30h. de luns a venres até o 15 de setembro. Desde o 16 ao 29 os horarios serán de luns a sábado das 10 ás 13.00h. e de 16 a 21.00h. de luns a venres.

  • Desde o :

    16-09-2020
  • Ata o :

    29-09-2020
Mariscos Barallobre
Concello de Fene
Grupo de Acción Local do secot Pesqueiro Golfo Ártabro Norte
Consellería do Mar. Xunta de Galicia
Fondo Europeo Marítima e da Pesca
Fene Vivo
Un proxecto do Concello de Fene e da Confraría de Barallobre.

Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)

981 492 707

rede@fenevivo.gal