pechar x
Eventos

Eventos

Eventos

Eventos

Bases XXXI Premio Nacional De Poesía Xosemaría Pérez Parallé


Historia do Premio

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé foi instituído pola Directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987 coa vontade explícita de honrar a memoria do Segrel do Penedo. Durante dezasete convocatorias, premiouse un pequeno feixe de textos escritos en galego ou castelán.

O premio acadou unha relevante difusión en todo o territorio do Estado Español sendo galardoadas persoas provintes de diferentes partes do mesmo. En 2005, a Asemblea de socios do Círculo acorda introducir unha serie de modificacións nas bases.

A partir de entón, o premio está orientado expresamente a libros de poesía en lingua galega de autores que non tivesen obra individual previamente publicada. 

Grazas a un acordo de colaboración co Concello de Fene e a editorial Espiral Maior que dirixe o poeta Miguel-Anxo Fernán Vello, o título gañador do certame de cada ano publícase nesta prestixiosa colección de poesía. Preténdese así colaborar a difundir o traballo dos novos creadores e creadoras de Galicia. Cada ano, a convocatoria do premio realízase arredor das letras galegas, estendéndose o prazo de presentación de orixinais ata finais do mes de setembro.

O fallo do xurado dáse a coñecer arredor do 20 de novembro.

Descargas

  • Desde o :

    15-06-2018
  • Ata o :

    14-09-2018
Mariscos Barallobre
Concello de Fene
Grupo de Acción Local do secot Pesqueiro Golfo Ártabro Norte
Consellería do Mar. Xunta de Galicia
Fondo Europeo Marítima e da Pesca
Fene Vivo
Un proxecto do Concello de Fene e da Confraría de Barallobre.

Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)

981 492 707

rede@fenevivo.gal