O proxecto
O proxecto
Benvido a Fene Vivo
O principal obxectivo do proxecto é poñer en valor o coñecemento do Mar de Fene así como a actividade cultural, deportiva, gastronómica e de lecer que rexistra o concello entre os turistas e visitantes.
A vida do Mar de Fene normalmente non é visualizada polos viaxeiros que chegan ao concello, polo que pretendemos realizar accións dirixidas a valorizar a historia, a cultura e tradicións baseadas nos seus produtos, oficios, lugares de interese e a actividade social que as xentes de Fene e as súas entidades teñen arredor do mar.
Crearemos unha rede de prescritores que poña en valor todo o relacionado co mundo do Mar de Fene, no que son centrais o sector pesqueiro, o tecido asociativo e o sector hostaleiro, coa finalidade de establecer relacións e desenvolver accións de formación dos actores principais e de divulgación dos nosos produtos o máis preto posible do punto de produción.
Como continuación das dúas edicións anteriores, nas que se concluíu a importancia que o turismo ten para valorizar e comercializar os nosos produtos, o Concello pon en marcha o programa ‘Fene Mar Vivo Plus’ proxecto que se desenvolve ao abeiro do Programa FEMP 2014-2020 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2020.
Obxectivos
- Amosar o concello de Fene a través do escaparate web www.fenevivo.gal como un destino no que sempre hai experiencias por vivir: en contacto coa natureza, nomeadamente co mar, visitando a lonxa, gozando dun evento cultural ou deportivo, ou saboreando as diversas propostas gastronómicas.
- Artellar a Rede Fene Mar Vivo, integrada por actores sociais, entidades culturais e deportivas, empresarios de turismo, confraría, sector comercial e hostaleiro, etc., que traballen conxuntamente para comunicar un destino atractivo e con amplas potencialidades.
- Deseñar produtos turísticos que redunden na divulgación e protección do sector pesqueiro e nos que participen activamente entidades culturais, deportivas e de lecer, comercio local, sector hostaleiro, etc.
MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2018)
- Adxuntamos un documento en PDF coa memoria final dos resultados conseguidos para o proxecto FEMP, Fene Vivo segundo o proxecto presentado inicialmente.
[Descarga PDF]
MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2020)
- Achegamos un documento en PDF coa memoria de execución dos resultados acadados para o proxecto FEMP, Fene Mar Vivo II, segundo o proxecto presentado inicialmente.
[Descargar PDF]
MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2021)
- Achegamos un documento en PDF coa memoria de execución dos resultados acadados para o proxecto FEMP, Fene Mar Vivo Plus, segundo o proxecto presentado inicialmente.
Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)